Logo

Un Novo Xeito de Mensaxería Instantánea

Co incremento de porgramas de monitorización dos gobernos, qTox ofrece un aplicativo doado de usar que che permite conectar cos teus amigos e familiares sen ninguén á espreita. Nametres outros servizos de renome requiren pagos por funcionalidades, qTox é absolutamente de balde e sen publicidade.

Sobre qTox

A día de hoxe, todo goberno semella interesado no que estamos a dicir en internet. qTox está baseado en "primeiro a privacidade" e non nos vendemos. A túa seguridade é a nosa prioridade principal e non hai nada no mundo que mude iso.

Mensaxería instantánea, videoconferencia e máis

Screenshot

Mensaxes

Na punta dos teus dedos.
Está sempre informado, con mensaxes instantáneas encriptadas.

Chamadas

Mantente en contacto.
Fai chamadas de qTox a qTox seguras e de balde.

Vídeo

Ver para crer.
Fala cara a cara con videochamadas seguras.

Seguranza

qTox tómase a túa privacidade en serio.
Cunha encriptación de primeira, pódeste relaxar sabendo que a única xente lendo as túas mensaxes son só os seus destinatarios.

Doado de usar

Ao contrario que outras solucións de mensaxería segura, qTox non precisa que sexas un programador informático para usalo. qTox vén cunha interface de usuario doada-de-usar que che permite centráreste nas túas conversas.

Liberdade

qTox é á vez libre para ti o usares para ti o modificares. Alén diso, qTox endexamais te molestará con publicidade ou che pedirá que pagues por funcionalidades.